Prácticas sadomasoquistas

Prácticas sadomasoquistas
24 de Febreiro, 2023 - 12:20 h. | Publicada por Radio Fene

O policía Pereiro descobre ao asasino de Pedro Souto Varela. Agora só pensa en acabar con el, para o que precisa unha experta en sadomasoquismo. Lobos doentes é unha adaptación da novela do mesmo nome de Antonio Tizón dirixida por Eugenia Sanmartín e producida por Son Radiofusión.

ESCOITA O PODCAST:

Olga está disposta a colaborar para rematar coa vida do autor da morte do seu pai. “Son muller, podo emular o comportamento de calquera prostituta e ten por seguro que antes do San Xoán serei toda unha experta en prácticas sadomasoquistas”, confésalle ao comisario no hotel Finisterrae da Coruña. Sen embargo, Akio, a única persoa que lles pode abrir as portas da casa de Vítor Ferreño, dubida da experiencia de Olga. “Podo asegurarlle que Olga aprende rápido. E ten aínda dúas semanas por diante para aprender. Incluso penso que sería conveniente que fose vostede mesmo, todo un mestre neste tipo de prácticas, quen orientase a súa aprendizaxe”, responde Sánchez Pereiro ante as dúbidas do xaponés. Un plan sexual e mortal é o que se prepara nos capítulos 66, 67, 68, 69 e 70 de Lobos Doentes que Radiofusión emite este venres. 

Fotografía Xan Xe.

Na imaxe, Eugenia Sanmartín e Franki Muíño.



 

Cultura

Publica o teu comentario agora