Próxima aprobación do plego de contratación do césped artificial en Maniños

Próxima aprobación do plego de contratación do césped artificial en Maniños

08 de Abril, 2016 - 12:00 h. | Publicada por

O Concello de Fene xa ten preparado o plego de contratación do cesped artificial no campo do Pote de Maniños. O texto analizaráse na próxima comisión informativa de Obras e licitaráse a actuación coa aprobación na xunta local de goberno, segundo informou o concelleiro de Servizos Antón Noceda.

O Pleno da Corporación de Fene aprobou na tarde de onte por unanimidade a adhesión á asociación Seitura Vintedous, entidade que ven sustituir a Costa Noroeste. Asimesmo deuse via libre á renovación da fachada do colexio A Xunqueira e do aglomerado da rúa Porto do Río en Fene.

Deportes