Praga nas palmeiras

Praga nas palmeiras 
29 de Novembro, 2024 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Unha enfermidade provocada por un verme afecta a palmeiras do paseo de San Valentín e para evitar que se propague hai que tallalas, segundo informou en Radio Fene a concelleira de Medio Ambiente, Mari Carmen Martínez.

ESCOITA O PODCAST:

“Estanse tallando algunhas palmeiras infectadas polo picudo vermello”, aclarou a responsable municipal de Medio Ambiente. Logo de ter detectado o problema estanse revisando todas as palmeiras porque ese verme propágase. Os servizos municipais revisarán todas as palmeiras do paseo e intentarán sanear as que se poida.  Está decidido que no seu lugar plantaranse máis árbores e valorase que sexan froiteiros. 

Os labores de saneamento das palmeiras lévanse a cabo desde a área de Medio Ambiente que xa rematou os traballos de limpeza do río e as podas no arborado de Naturais de Fene e Marqués de Figueroa.

Institucional

Publica o teu comentario agora