ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
Co verán ás portas, e a pesar de que o tempo estes días non acompaña, as praias póñense a punto para recibir bañistas. En Fene as praias están xa listas, limpas e coas zonas de baño debidamente sinalizadas con boias, como contaba no espazo As Foxas a concelleira de Medio Ambiente e voceira de Esquerda Unida, Mari Carmen Martínez.
“A limpeza das praias empezouse a semana pasada, están limpas e listas para gozar tan pronto o tempo dea unha tregua”, sinalaba a concelleira. Ademais, a responsable municipal de Medio Ambiente denunciou o comportamento dalgunhas persoas que maltratan os gatos de rúa. “Hai unha especie de guerra, por persoas que non os queren ver nin en pintura, tiran os comedeiros, bebedeiros, déixanlle notas aos coidadores das colonias felinas”, censurou Mari Carmen Martínez.
“Non pedimos que os coiden, pero que non os maltraten, hai xente que anda a pedradas con eles”, lamentou. “A Lei de Benestar Animal obriga aos concellos a facerse cargo das colonias felinas, sen darnos dotación económica algunha”, aclarou a concelleira.
Publica o teu comentario agora