Praias saludables en Ferrol

Praias saludables en Ferrol

13 de Xullo, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

O areal de Caranza convírtese hoxe nun circuito de prácticas saudables. Con esta iniciativa, comeza o ciclo de “Praias saudables”, impulsado polo Concello de Ferrol co obxectivo de fomentar o exercizo físico entre a cidadanía, propoñendo distintas actividades a carón do mar. De cinco a sete da tarde, a praia de Caranza será nesta xornada o punto de partida deste proxecto, que permitirá aos cidadáns iniciarse, baixo a dirección

Catro monitores –especialistas nas distintas actividades- desprazaranse ao longo deste mes de xullo ás praias de Caranza e Covas e, en agosto, ás de Doniños e San Xurxo. No primeiro dos areais estarán dende hoxe ate o mércores da vindeira semana (e no de Covas, do 15 ao 20 de xullo). Xa en agosto, as actividades desenvolveranse do 3 e 19 en Doniños, e do 5 ao 17 en San Xurxo. Para pór en marcha este proxecto, o Concello de Ferrol contará cos servizos da empresa Inspiracción.

Sociedade