Praza vella, mariñeira

Praza vella, mariñeira
24 de Abril, 2022 - 12:10 h. | Publicada por Radio Fene

Praza vella, mariñeira, cada baixo unha taberna./ Nos balcóns de pau azul, sécanse ao vento e ao sol, /as roupas dos mariñeiros, brancas de río e xabrón. Comeza así a poesía de Carvalho Calero adicada á Praza Vella de Ferrol. 

Fotografía Xan Xe

Tres das poesias de Carvalho que máis lle interesan a Xose María Dobarro son as adicadas á Praza Vella, Domingo de Feira e Praza Sánchez Aguilera. Inclúense no libro de poemas de Ricardo Carvalho Calero que ven de publicar Editorial Embora. Ferrol, a minha terra. Versos ferroláns. Recolle dezaoito composicións poéticas do escritor. A selección dos poemas é responsabilidade do catedrático Xosé María Dobarro e as ilustracións son obra de Calros Silvar. Ambos os dous, como don Ricardo, ferroláns.

Fotografía: Xan Xe Corral

Cultura

Publica o teu comentario agora