Prazas cubertas

Prazas cubertas
22 de Xullo, 2021 - 10:43 h. | Publicada por Radio Fene

Xa están todas as prazas cubertas para a xeorruta do cobre que o domingo 25 estrean Moeche e Cerdido. Visitaranse galerías soterradas e varias instalacións como a cheminea de calcinación de Mina Maruxa, unha planta de tratamento químico, balsas de estériles ou entulleiras de materiais sobrantes trala obtención do mineral. O venres Moeche celebra a tradicional feira do 23 e para o sábado 24 prepáranse visitas nocturnas ao castelo, ao tempo que soará a música do cuarteto de cámara Keilín 4 ensemble.

ESCOITA O PODCAST:
Ramón Carballeira en Radio Fene

Para reserva de prazas e máis información no 981 404006 ou en turismo@moeche.gal.

Ramón Carballeira, da Oficina Municipal de Turismo de Moeche explica aquí as actividades da fin de semana. 

Cultura

Publica o teu comentario agora