Precísase mellor transporte público

Precísase mellor transporte público
07 de Maio, 2026 - 02:43 h. | Publicada por Radio Fene

Apoio ás reivindicacións de melloras no transporte público da comarca, por tren e por estrada, da voceira de Esquerda Unida e responsable de Obras no Concello de Fene, Mari Carmen Martínez, que participou no espazo As Foxas de Radio Fene.

ESCOITA O PODCAST:

Crítica coa moción de censura no Concello de Lugo, Mari Carmen Martínez amosou o seu respaldo á manifestación do Foro Cidadán polo Ferrocarril convocada para o sábado, día 9, en Fene. Pasou revista tamén ás obras planificadas no municipio e censurou a lentitude na tramitación dos permisos doutras administracións necesarios para executar moitas das obras. Ademais, Martínez manifestou que Esquerda Unida non ten présa, de momento, en botar andar a maquinaria para as eleccións municipais de 2027.

Institucional

Publica o teu comentario agora