ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
O Concello de Fene pide a derrogación total da reforma laboral en España. Aprobou no último pleno, unha moción da CIG contra a precariedade laboral, segundo informou o concelleiro Manuel Polo durante a súa comparecencia no espazo As Foxas de Radio Fene.
“As contratacións van saíndo e o tempo acompaña”, destacou tamén o concelleiro de Obras de Fene Manuel Polo, ao facer balance das distintas obras finalizadas, en marcha e próximas a comezar, como a re-urbanización da rúa Antonia Montero en Perlío, a extensión da rede de auga para completar a traída na parroquia de Limodre ou a primeira fase da área recreativa en San Valentín. “E aínda temos outras que veñen aí, como a renovación de tubaxes no cruce de Fene, unha obra moi complexa de execución”. Da política galega comentou a sesión de investidura de Alfonso Rueda que se debate no Parlamento Galego. “Non sei se o PP se quere vernizar agora de máis galego do que estaba sendo”, opina Polo. “O BNG marcoulle a axenda”, remacha
Publica o teu comentario agora