ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Mes do Humor en Fene. O concelleiro de Cultura, Justo Ardá, presenta os actos da programación Novembro, Mes do Humor e aproveita para felicitar polo Premio Otero Pedrayo 2026 a Xaquín Marín, Siro López e o Carrabouxo.

O Museo do Humor Xaquín Marín acolle este mes a entrega dos premios Curuxa e o ciclo de monólogos Novembro, Mes do Humor. O venres día 6 terá lugar a entrega dos Premios Curuxa. Nun acto que comezará ás 20 horas no salón de actos da Casa da Cultura, os debuxantes Juan Gabriel Benavides, Juli Sanchís, Anxo Iglesias e Matías Tolsá recibirán os diplomas que os acreditan como gañadores do certame este ano. Unha hora antes, ás 19 horas, os representantes da Corporación Municipal de Fene recibirán aos autores premiados na sala de exposicións temporais do museo onde se amosarán, até finais do mes de novembro, os debuxos premiados e unha selección das obras que se presentaron este ano ao certame. O mesmo día dará comezo o ciclo de monólogos Novembro, mes do humor no que tomarán parte este ano Quico Cadaval, Marita Martínez, Leti da Taberna e Migallas Teatro. O concelleiro de Cultura de Fene felicitouse pola concesión do Premio Otero Pedrayo 2026 a Xaquín Marín, Siro López e Xosé Lois “Carrabouxo”. Lembrou que Xaquín e Siro asinaron en 1983 o Manifesto do Humor que foi o embrión do Museo do Humor de Fene.
Publica o teu comentario agora