Preescolar na Casa loita contra o despoboamento no rural

Preescolar na Casa loita contra o despoboamento no rural

21 de Xaneiro, 2012 - 12:00 h. | Publicada por Radio Lugo

O Presidente da Deputación de Lugo e da Fundación TIC, José Ramón Gómez Besteiro, e a Presidenta da Fundación Preescolar na Casa, María Soledad Fernández Rocha, renovaron o convenio de colaboración para a elaboración de programas de radio e produtos audivisuais co obxectivo de contribuír a difundir o labor que está a desenvolver esta entidade sen &aac

Máis de 41.000 euros en outras axudas

Nos últimos tempos, a Xunta vén aplicando severos recortes no programa, fronte ós que a Deputación mantén unha aposta firme por esta iniciativa lucense. Mostra delo é que, ademais deste convenio, a institución aportou axudas por valor de 42.000 euros durante o 2011, destinados a levar a cabo a programación e desenvolvemento, así como a adquisición de material, dos chamados “Espazos da Familia” dirixidos á zona da Montaña lucense. Estes “Espazos” constitúen un servizo de orientación a familias, e neles traballan o 75% dos profesionais desta Fundación. O seu obxectivo principal é mediar na interacción entre adultos e nenos, tendo en conta a realidade socioeducativa galega, sobre todo do medio rural, que é o seu principal ámbito de actuación.

O responsable provincial subliñou que “dende esta institución apoiamos a Preescolar na Casa, unha iniciativa nacida en Lugo hai 34 anos, que se convertíu en referente educativo en toda Galicia e nun modelo de prestixio internacional baseado na parentalidade positiva”. Gómez Besteiro destacou a importancia desta colaboración “nun momento especialmente crítico para a educación dos nosos rapaces debido ós recortes da Xunta, o que pon en perigo o seu futuro”. O Presidente da Fundación TIC apuntou que “o labor de Preescolar na Casa é agora máis importante que nunca, debido o grave problema de despoboamento no rural galego, moi especialmente na provincia Lugo. Dende a Deputación apostamos por calquera iniciativa que contribúa a asentar poboación na zona rural”.

Situación crítica

Os recortes no finanzamento por parte da Xunta de Galicia, sobre todo a supresión dos 500.000 euros da Consellería de Traballo e Benestar Social dos que se nutría fundamentalmente este proxecto, obrigou á posta en marcha dun Expediente de Regulación de Emprego no que 20 orientadores tiñan suspensión de contrato, 18 estaban a media xornada e só a 4 xornada completa.

Tras recibir unha subvención de 505.000 euros do Ministerio de Sanidade con cargo ó IRPF, Preescolar na Casa puido iniciar unha nota etapa e retomar os grupos de traballo que foran suspendidos en setembro. Un segundo ERE, que sustitúa ó anterior, implicou o despido de 11 traballadores, mentres que mantén a 31 contratados a tempo completo no que queda de curso e 9 funcionarios en comisión de servizos.

Un programa vangardista nacido en Lugo

Preescolar na Casa naceu en Lugo en 1977, froito da inquedanza social de Antonio Gandoy, cura de Cáritas Diocesanas, popularmente coñecido como o “crego da bicicleta”. Tratábase dun programa educativo vangardista baseado na parentalidade positiva, que reclamaba a implicación e participación dos pais e nais na educación dos seus fillos. Dirixido a familias do medio rural, tiña por obxectivo reducir os efectos negativos que a dispersión demográfica de Galicia tiña sobre os nenos en idade preescolar que vivían no rural con respecto ós das ciudades e vilas.

Na actualidade, o programa diversificou tanto o seu ámbito territorial como as persoas e colectivos atendidos, en toda a xeografía galega. No último curso atendeu preto de 4.000 familias con nenos de 0 a 3 anos.

A TIC ó servizo dos lucenses

A Fundación TIC ten asinados 50 convenios con empresas e asociacións sen ánimo de lucro da provincia. O principal obxectivo destes acordos é proporcionar experiencia laboral ós alumnos titulados na EIS para completar a súa formaicón e que poda acceder con máis facilidae a postos de traballos no sector audiovisual.

Institucional