Preferentes: Non ao peche da arbitraxe

Preferentes: Non ao peche da arbitraxe

13 de Xuño, 2013 - 12:00 h. | Publicada por Radio Ordes

A Plataforma de Afectados por Preferentes de Compostela CONCENTRARASE hoxe, ás 11,30h, diante das dependencias do Instituto Galego de Consumo en Santiago para demandar que non se peche o proceso de arbitraxe. Con esta nova mobilización, a Plataforma de afectados pola estafa masiva INSTARÁ ao Instituto Galego de Consumo, organismo dependente da Consellería de Comercio e Industria da Xunta de Galicia, a que se dirixa ao F.R.O.B. e a Novagalica Banco para esixirlles que non po&

 Tamén demandarán que se amplíen os prazos nos que os afectados terán que facer opción ás alternativas que impuxo o F.R.O.B. para efectivizar as quitas e solicitar os canxes das “accións non cotizables” e que serán penalizadas cunha segunda quita do 13,8%.

Novagalicia Banco, entidade nacionalizada e polo tanto baixo o poder de decisión do F.R.O.B., que a súa vez depende do Ministerio de Economía, pretende liquidar a estafa masiva mediante un proceso cuns prazos excesivamente curtos, insuficientes para que os afectados podan informarse adecuadamente da súa situación trala imposición das quitas e canxes.
Tamén pretende rematar coa arbitraxe, aceptando só as solicitudes dos clientes con aforros “colocados” en preferentes e subordinadas con importes inferiores a 10.000, mediante o enganoso eufemismo “Final do proceso de recuperación de liquidez”, poñendo como referencia o vindeiro luns 17 de xuño, tan só unha semana despois da comunicación do FROB.

A Plataforma de Afectados de Compostela esixira do Goberno da Xunta de Galicia que non permita que o NGB e o FROB pechen o proceso de arbitraxe ata que sexan estimadas todas as solicitudes dos aforradores, para que se de cumprimento aos acordos unámimes do Parlamento Galego e ás promesas do Presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo.

Sociedade