Prefiro a macedonia a unha cesta con mazás podres, afirma Leire Pajín

Prefiro a macedonia a unha cesta con mazás podres, afirma Leire Pajín

16 de Xaneiro, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Prefiro a macedonía a unha cesta con mazás podres, indicou Pajín en resposta ás acusacións verquidas onte en Baleares pola dirixente do PP Dolores de Cospedal. A representante popular calificou de macedonia o goberno de coalición que socialistas e nacionalistas manteñen nas illas Baleares. Pajín afirmou en Ferrol que a macedonia é un postre sano.

O secretario xeral dos socialistas galegos Pachi Vázquez, xunto coa número 3 do PSOE Leire Pajín, inaugurou este mediodia a escola de Formación Francisco Fernández. Vázquez expresou a súa preocupación polo desemprego no acto celebrado no Centro Cultural Carballo Calero da Praza do Inferniño. En Galicia o paro medra cada vez máis rápido en comparación con España, segundo o dirixente do PSOE. Os socialistas galegos van facer da defensa do cabo Touriñán o símbolo da oposición á política medioambiental da Xunta de Feijoo. Que se olvide a dereita de destruir Cabo Touriñán afirmou Pachi Vazquez. O ministro de Xustiza Francisco Caamaño tamén asistiu esta mañá en Ferrol á inauguración da escola de formación socialista Francisco Fernandez. De aquí ao verán porán en marcha 44 actividades específicas. l

O curso 2010 da Escola de Formación incluirá actividade permanente de xaneiro a xuño, en cada unha das provincias galegas. Estes cursos centraranse en cuestións como a comunicación política, a dinamización de agrupacións, planificación electoral e novas tecnoloxías, así como en temas correspondentes a áreas de política municipal como urbanismo, xestión medioambiental, igualdade ou participación municipal. A oferta permanente completarase ademais ao longo do ano cos cursos de verán e coa programación especial do vindeiro outono. O PSdeG elixiu a cidade de Ferrol para realizar o acto de inauguración dado que a Escola de Formación homenaxea co seu nome a Francisco Fernández “Pedrosa”, o primeiro concelleiro socialista galego e presidente da primeira agrupación socialista fundada en Galicia, que foi na cidade de Ferrol en 1881.

Sociedade