ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Recibimos en Radio Fene unha visita moi especial a do alumnado de 6º de Infantil do Colexio Jorge Juan de Perlío, que coñeceron hoxe á alcaldesa, Sandra Permui, e a Casa do Concello.

Á alcaldesa fixéronlle preguntas moi interesantes e acaídas. Desde por que quixo ser alcaldesa ou cal é o seu lugar favorito de Fene ata quen coida dos parques e das flores e como decide as cousas importantes. Do seu paso por Radio Fene quédanos a testemuña de dous deles. O que máis lles gustou da radio foron os cascos. Lía contounos que quere ser pintora, Teo non o ten decidido, o que si ten claro é que o mellor do cole é o recreo.
Publica o teu comentario agora