Preito polo muíño

Preito polo muíño
25 de Setembro, 2021 - 07:00 h. | Publicada por Radio Fene

Un preito impediu o funcionamento do muíño de Lucas de Anido no lugar de Mundín en 1752, segundo se reflexa no Catastro de Ensenada. Ese documento indica que funcionaban na parroquia un total de seis muíños: Dous en Mundín, dous de Juan Piélago no denominado souto de Perlío e outros dous no sitio de Cardoeiro.  

Muíño de Mundín. Perlío. Fene

Mundín aparece citado como Gondín no Catastro de Ensenada. Pertencen a Lucas de Anido e Domingo Garcia. Lucas de Anido era o señor do Pazo de Barallobre e o redactor do Catastro indicou que o citado muiño aínda non producira nada desde que se fabricou, pola existencia dun preito en torno á propiedade. 
 

Sociedade

Publica o teu comentario agora