ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
A Asociación de Escritores en Lingua Galega (AELG) recoñecerá co Premio AELG 2015 'Institucións' o labor do Colexio de Xornalistas de Galicia e da Asociación de Medios en Galego en defensa do uso do galego nos medios de comunicación nun momento de "especial dificultade" para este idioma. "Creo que é un clamor a necesidade de que existan medios en galego e que se amplíe o espazo que este ten naqueles que non
Segundo explicou, na súa reunión, os escritores en lingua galega tamén acordaron, conceder o seu Premio 'Os Bos e Xenerosos 2015' a "unha xeración que tivo un papel fundador no que pode ser o xornalismo de hoxe en Galicia". Así, os galardoados serán Tereixa Navaza, Gustavo Luca de Tena, Manuel Lombao, Margarida Ledo e Xosé María García Palmeiro.
Estes premios, avanzou, serán entregados nunha gala que terá lugar o día 9 de maio en Lugo e na que tamén se recoñecerá a traxectoria de Xosé María Álvarez Cáccamo co premio 'Escritor na súa terra-Letra E' que cada ano concede a asociación a un autor destacado pola calidade do seu traballo. Ademais, nesta gala o autor brasileiro Luís Ruffato será nomeado 'Escritor Galego Universal 2015' e a AELG recoñecerá como 'Mestres dá Memoria' a Xosefa Arias e a Emilio do Pando, aos que Cesáreo Sánchez encomiou como "dous grandes narradores orais".