Premio á arquitectura portuaria

Premio á arquitectura portuaria

21 de Outubro, 2013 - 12:00 h. | Publicada por Radio Redondela

Portos de Galicia vén de recibir o recoñecemento do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia (COAG) á nova filosofía construtiva que se reflicte nas edificacións portuarias máis recentes.  En concreto, o presidente do ente público, José Juan Durán, vén de recoller dous galardóns Gran de Area outorgados pola delegación en Pontevedra do COAG ás obras da reforma e ampliación da lonxa de Vilanova de Arou

Na súa argumentación do premio o COAG califica o galardón como o recoñecemento aos arquitectos, promotores, construtores e aparelladores “polo seu labor, necesariamente conxunto, para obter unha obra arquitectónica de calidade”. No caso de ambas construcións, a dirección de obra correspondeu aos técnicos de Portos de Galicia; o estudio de arquitectura encargado foi 2C Arquitectos, dirixido por Ángel Cid Carballo e Silvia Diz, e a empresa construtora foi Civis Global.

Tras recoller sendos premios, José Juan Durán felicituo a todo o persoal responsable desta actuación e lembro que “traballos como os premiados reflicten a nova filosofía construtiva do ente público, baseada na sostibilidade a eficiencia e a integración co entorno dos portos”. Así mesmo mostrou a súa satisfacción polo recoñecemento a dúas infraestruturas portuarias pertencentes á rede de peiraos de titularidade autonómica entre os 11 proxectos distinguidos dos 53 que se presentaron á convocatoria do COAG.

Finalmente, o presidente do ente público insistiu na aposta do seu departamento por difundir e poñer en valor a nova obra civil, que Portos quere convertir en símbolo da arquitectura portuaria galega. Nesta concepción de obra enmárcase tamén outras obras galardoadas como a remodelación do porto de Malpica ou a estación marítima de Baiona. “Trátase dun prantexamento baseado na innovación, a aplicación dos coñecementos técnicos de última xeración e o respecto medioambiental xunto aos valores de eficiencia e integración”, asegurou José Juan Durán.

Sociedade