Premio á técnica de execución do judo

Premio á técnica de execución do judo
02 de Xuño, 2025 - 11:42 h. | Publicada por Radio Fene

 A profesora de AD Judo Ferrolterra Alba Martinez recolleu este domingo no Coliseum da Coruña o premio á técnica pola execución e participación dos equipos da especialidade no curso 2023-2024. 

Este domingo 1 de Xuño celebrouse, no Coliseum da Coruña, o 37º Trofeo Miguelito no que participaron 120 alumn@s de AD Judo Ferrolterra que adestran nos diferentes centros do club: Mercedarias Ferrol, Jorge Juan Narón, AA.VV. Lago (Valdoviño), EM Cabanas, Escola Judo Fene, Utopia Fitness Club de Narón, Escola Judo Pontedeume, Castro Baxoi de Miño , CEIP Teixeiro e EM Bertamirans. Os judocas foron avaliados pola súa execución técnica e premiados todos co mesmo agasallo. Nesta edición o club Ad Judo Ferrolterra foi premiado co Premio á Técnica, correspondente á execución e participación do curso anterior, que recolleu a profesora do club Alba Martínez. Realizouse unha demostración, no tatami central do Coliseum, de Judo Inclusivo por parte do noso alumno Saúl Cabarcos, axudado por Hugo López (medalla nacional infantil).

Deportes

Publica o teu comentario agora