Premio ao compromiso

Premio ao compromiso
21 de Maio, 2024 - 10:00 h. | Publicada por Radio Fene

Vitoria do Maniños en campo contrario para rematar á Liga na Segunda Galicia do fútbol feminino. Santiso 1-4 Cultural Maniños. Sumou os tres puntos e a goleada aínda puido ser maior, manifestou o adestrador, Juanjo Iñiguez, Cebolo, que pasou por Radio Fene acompañado por dúas xogadoras do equipo, Capi, Lucía Seoane, e Jeni, Jennifer Gañan.

ESCOITA O PODCAST:

“Levan tres meses sacrificándose”. O adestrador pon en valor o compromiso das xogadoras. O resultado? “mesmo puido ser máis avultado, se Lore chega estar máis atinada puido poñer bastante nerviosa á primeira clasificada no ranking de goleadoras. Abriu e pechou o marcador Lorena, que marcou tres tantos na derradeira xornada do campionato. A autora do cuarto gol do Maniños foi Pau. 

En representación das súas compañeiras, Capi e Jeni felicitáronse polo traballo feito. “Cando empezamos non contábamos nin con permanecer nesta Liga e ao final, grazas ao adestrador e ao compromiso de todas as xogadoras  esta vitoria foi o broche perfecto”, opina Capi. “Logo de loitar toda a tempada conseguímolo, é o que me levo”, destaca Jenni. Para as dúas ten palabras de agradecemento polo seu continuado compromiso o adestrador “sacrificáronse persoalmente, Jenni  ten dous fillos e Capi un”. As dúas coinciden no apoio que sempre atoparon no seu entorno familiar.

 

Deportes

Publica o teu comentario agora