Premio ao mural

Premio ao mural
19 de Setembro, 2023 - 12:02 h. | Publicada por Radio Fene

Gran éxito para o Perla Mural Fest na súa primeira edición. O mural que pintou en Fene Sfhir logrou ser elixido o terceiro mellor do mundo do mes de agosto. En Radio Fene recollemos os parabéns da concelleira de Promoción Económica e Turismo, Ángeles Coira, ao artista urbano e á organización do evento que lembrou a sala A Perla de Perlío.

ESCOITA O PODCAST:

A moza que toca o cello nunha fachada da rúa da Fraga, no edificio número 64, xa ten un oco entre os mellores murais do mundo. Foi seleccionada entre as mellores obras pintadas no mes de agosto. Iso dálle dereito a competir no certame no que se votarán as preferidas do ano 2023 na plataforma Street Art Cities, que promove a arte urbana no mundo. 

Unha boa noticia pola proxección que lle dá a Fene. Destacou a concelleira de Promoción Económica e Turismo, Ángeles Coira. Felicitou ao artista Sfhir e tamén á organización do Perla Mural Fest. Unha gran iniciativa, di, apoiada polo Concello, como fai con todas as que axudan a dar a coñecer Fene ou serven para mellorar a vida da veciñanza.

 

Institucional

Publica o teu comentario agora