ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
“Pelexaron, deron todo e chegou o premio”. Tres puntos sumou o Perlío B contra o Mandiá. O equipo ferrolán é o colista, pero xogaba na casa, e o adestrador do Perlío B, Rafa Afonso, é dos que pensa que nunca hai que fiarse.

"Unha ledicia para todo o mundo que nos permite unha posición cómoda un par de semaniñas”. Satisfacción do míster do Perlío B, Rafa Afonso. “Unha vitoria máis que merecida, penso que fomos superiores”, 1-2 impúxose o Perlío B que abriu e pechou o marcador neste partido da Segunda División Galega. “Era unha saída moi complicada, cun campo moi irregular con superficie de herba á que non estamos acostumados e íamos algo mermados por baixas”, apunta o adestrador.
Publica o teu comentario agora