ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
O Pazo da Marquesa de San Sadurniño acolle o sábado 14 de xuño, ás 11.30h o acto de entrega de premios do I Certame galego das artes pola igualdade de xénero, organizado pola empresa Bolboreta S.C. en colaboración cos concellos de San Sadurniño, A Capela, As Pontes, Xermade, Cospeito e Ribadeo. Ao certame presentáronse un total de 23 obras orixinais: 6 na categoría infantil, 7 na xuvenil e 10 na de persoas adultas. Esta pr
O xurado formárono tres profesionais da língua, da pedagoxía e da igualdade. Como peche do acto está prevista unha breve actuación do trío folk "Os dous de sempre+un" mentres as persoas asistentes degustan un aperitivo. O “I Certame galego das artes pola igualdade de xénero” homenaxea a traxectoria de Helena Villar Janeiro.
Tres disciplinas no xurado do Certame que, curiosamente, se xuntan na traxectoria vital de Villar Janeiro. De feito, a autobiografía da autora recolle que se criou nun clima familiar no que se defendía a igualdade da muller e que foi tamén na casa durante a infancia cando descubriu o valor da cultura e da lingua. A relación coa pedagoxía vénlle de se licenzar en maxisterio, unha disciplina que a abocou primeiro á lírica "mentres rexía escolas nas paisaxes idílicas dos Ancares" para despois saltar á narrativa, o ensaio e a opinión xornalística.