Premios Concurso de Tapas Concello de Boiro

Premios Concurso de Tapas Concello de Boiro

08 de Novembro, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Neria

O pasado venres entregáronse os premios do Concurso de Tapas con Mexillón de Boiro. Ao acto asistiu o alcalde, Xosé Deira, e a Concelleira de Turismo, Francisca Suárez Lijó. Durante os días 28, 29 e 30 de outubro, en horario de mediodía e de noite, as persoas que se achegaron a Boiro tiveron ocasión de degustar o mexillón de Boiro, elaborado de distintas formas: mexillón primaveira, mexillóns mariachi, brocheta de mexillón e

Os establecementos participantes neste roteiro de tapeo foron O Touliña, Gilligam´s Irish Tavern, A batea de Juan, Os dous de sempre, Castelao, Restaurante Arume, Bar Praza, Bar Fiada, Bar Baco e Restaurante Pimentón.

Este concurso financiouse co Proxecto de Dinamización Turística do Mexillón de Boiro, subvencionado con fondos europeos do Grupo de Acción Costeira.

Premios dos establecementos

Mellor tapa: Mexillón en escabeche de Os Dous de Sempre.

Finalista na categoría de mellor tapa: mexillón mariachi da Cafetería Castelao.

Mellor tapa tradicional: Empanada de mexillón do Restaurante Arume.

Mellor tapa creativa: Lasagna de mazá con aguacate e mexillón, de Os Dous de Sempre.

Mellor tapa premio do público: Brocheta de mexillón en tempura de améndoa sobre crema de marisco, do Bar Plaza.

Mellor tapa: 500 euros

Mellor tapa tradicional: 250 eurosMellor tapa creativa: 250 euros

Mellor tapa premio do público:250 euros 

Ademais tódolos establecementos gañadores viaxarán nunha visita organizada á zona vinícola do Ribeiro e visitarán as bodegas de Viña Costeira.

Tódolos establecementos participantes poderán asistir a un curso de cata de viños, dirixido por un enólogo de Viña Costeira.

Premios dos votantes

Os premios dos votantes foron acadados por:Botella Magnum Viña Costeira (1.) para María Elisa Campaña Carou, de Taragoña; Alberto Carlos Canle López, de Boiro; e Nati Díaz Oliveira, de Boiro. Jorge Fernández Lojo, de Compostela acadou unha visita organizada para dúas persoas á zona vinícola do Ribeiro que inclúe visita as bodegas de Viña Costeira. Os agraciados poden pasar pola Oficina de Turismo de Boiro a recoller os seus agasallos. 

Xurado

O xurado estivo formado por Francisca Suárez Lijó, concelleira de Turismo; José Manuel García, do programa “Come e fala” da Radio Galega; Cristian Bolla, de Restaurante Chicolino; Antonio Botana, presidente do Grupo Nove e Jorge Guitián, organizador do concurso e con funcións de Secretario.

A acta levantada polo secretario estará a disposición do público durante un mes na Oficina de Turismo, sita en Praza de Galicia, s/n  

Sociedade