Premios para quen máis libros leva

Premios para quen máis libros leva

23 de Abril, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Redondela

A Biblioteca Municipal de Redondela premia aos mellores lectores no día do libro. Os premiados por seren os socios que mais libros levaron en préstamo durante o pasado ano, son: Alejandra María Gonzalez Troncoso, Hanneldre Irmingard Gottschalk  Korradi e  Aarón Pérez Borrajo, que recibiron, cada un deles, un lote de libros.

Igualmente, dentro das actividades programadas para conmemorar o Día do Libro, hoxe xoves 23 e mañá venres, de 17.00 a 20.00 horas, instalarase na Alameda de Redondela (nos soportais do Concello en caso de choiva), e na vindeira semana na entrada do Multiusos, unha biblioteca ambulante na que os usuarios poderán ver os libros e tomar contacto cos servizos da biblioteca.

 

 

Ademáis, mañá venres, ás 18.30 horas, na Biblioteca de Chapela haberá unha sesión de contacontos, incluída no programa "Contos na MediaTarde" co que se festexa, ademais do Día do Libro, o 4º Aniversario da biblioteca. Esta actividade será tamén a presentación oficial de Leolo, o Contadelo, a personaxe representativa das bibliotecas creada polo ilustrador José Migueles.O programa Contos na Media Tarde está dirixido a cativos e cativas. É un contacontos que terá lugar unha vez cada mes nas dúas bibliotecas municipais: na Biblioteca Municipal de Redondela, o primeiro venres de cada mes, e na de Chapela, o último venres de cada mes.

Cultura