Premios saborosos

Premios saborosos
14 de Xuño, 2024 - 02:19 h. | Publicada por Radio Fene

Entregados os premios do XIV Concurso de Tapas de Fene. O “Tartar de lagostinos” do Pachamama foi o gañador na modalidade de tapa creativa, tanto para o xurado profesional como para o público. No caso da tapa tradicional, a campioa do certame para o xurado profesional foi a tapa denominada “O sol da cociña”, do local O son de cociña. Mentres que a preferida da clientela foron os “Crepes de peixe e marisco” cos que competiu a Cafetería Bombay.

ESCOITA O PODCAST:

Triunfou o “Tartar de lagostinos” do Pachamama na última edición do Concurso de Tapas de Fene. Fíxose co primeiro premio na categoría de tapa creativa. Foi a mellor valorada polo xurado e tamén pola clientela. A segunda mellor tapa creativa para o xurado foi “Delicia Cubana” do establecemento Galicuba. E na votación popular quedou subcampioa “Ruliña” da cafetería Lembranza. Na categoría de tapa tradicional, o xurado recoñeceu como campioa a tapa “O sol da cociña”, elaborada polo local O son de cociña, que non puido asistir ao acto. Para a clientela a mellor foron os “Crepes de peixe e marisco” cos que competiu a Cafetería Bombay, que foi subcampioa para o xurado profesional. Na votación popular, quedou subcampioa o “Montadiño ao tío Pepe” do CCRD Perlío. 

Ademais da entrega de premios aos establecementos, nos actos celebrados no salón de plenos da Casa do Concello, efectuouse o sorteo de agasallos ao público participante. Debido a motivos de axenda, non puido presidir o acto o alcalde, Juventino Trigo. Fíxoo no seu lugar a concelleira de Promoción Económica e Turismo, Ángeles Coira, que estivo acompañada por representantes de todos os grupos da Corporación. Na súa intervención, Coira agradeceu a todos os hostaleiros a súa participación no certame. Nas dúas fins de semana que durou o certame recolléronse 3.348 tarxetas individuais e cubríronse 187 fenerrutas. 

Institucional

Publica o teu comentario agora