ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
Galicia atópase nunha situación de esquecemento e ninguneo polo Plan da Minería, declarou esta mañá o responsable comarcal do BNG, Francisco Dasilva. A formación nacionalista denuncia que tanto o goberno central como a Xunta de Galicia obvian a existencia das minas de As Pontes e de Cerceda aínda que estean en situación de peche.
O Consello de Ministros aprobou no 2008 unha partida de 100 millón de euros para obras de infraestructuras nas comarcas mineiras do carbón. Galicia agás a achega de 8,4 millón de euros para o treito Cabreiros- Vilalba non recibiu ata o momento ningunha cantidade nin comunicación algunha neste senso. Pola contra, para outras comarcas mineiras do Estado xa se aprobaron 530 millóns. No caso de As Pontes, as cantidades adebedadas polo Ministerio ascenden a un total de máis de 30 millóns de euros, correspondentes ao bienio 2006-2007 e ao 2008-2009. Sinalouno así esta mañá o representante do BNG Fernando Blanco Parga.
Na aplicación deste II Plan do Carbón repítese a mesma situación de discriminación. A Xunta do PP co parabén do sindicalismo estatal, elimina a Mesa Galega de Reactivación das Comarcas Mineiras Galegas, nun momento de crise onde en As Pontes o número de parados vai “in crescendo”, afirman os nacionalistas. Os investimentos en infraestructuras, serverían para reducir a cifra do desemprego, segundo Blanco Parga. O BNG, sinala que no ano 2008 anunciábase un acordo entre o Ministro de Industria, Miguel Sebastián e o Conselleiro de Traballo, Ricardo Varela, polo que Galicia, grazas ao Plan Miner, acadaría un investimento de 92 millóns de euros. Unha inxección que permitiría a creación de 557 postos de traballo directos. A situación é diametralmente distinta e Blanco pregúntase onde van os 30 millóns de euros destinados ao Concello de As Pontes. “Anunciáse moito e non se inviste no país” denuncia o Bloque. Os nacionalistas xa presentaron unha serie de iniciativas ante esta situación discriminatoria para as nosas minas. Como o reparto faise por bienios queren coñecer a partida que lle corresponde As Pontes e a Cerceda.