ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
Fernando é directivo dunha asociación veciñal de Ferrol. Cada vez ten maiores dificultades para comunicarse cos seus asociados e co conxunto da poboación. “Antes mandabas unha nota á prensa ou á radio e xa se enteraba todo o mundo, agora non”.
Animado polo seu fillo, vai probar coas redes sociais e coas novas tecnoloxías. Dous rapaces e un xubilado encargaranse de crear e xestionar os perfís da entidade en dúas redes. Quere tamén crear un grupo que elabore un pódcast ao mes sobre a actualidade e a música no barrio. Sabe que un de cada tres cidadáns de Galicia son asiduos ao formato pódcast. É un medio con características propias que o diferencian da radio pola forma de produción e o xeito de distribución. Os expertos indican que o pódcast vai seguir medrando xa que quedan por explorar espazos de audiencia. A intelixencia artificial, a creación sonora e a música local son campos aínda por transitar.
Fernando está interesado en comunicar con valores, convencido da necesidade de cambiar o rumbo cara unha sociedade máis xusta e máis responsable fronte a emerxencia climática. Quere integrar a mirada local no contexto global e sostén que a colaboración é un elemento clave no mundo post-pandemia. Está feliz de vivir en Ferrol e en Galicia: “Non hai terra como a nosa, pero non a tratamos tan ben como merece”.
Sabe que a cultura é un proceso, non un produto acabado. Necesita de apropiarse das novas tecnoloxías, pero tamén recuperar usos para evitar a “exclusión dixital”. A tecnoloxía, como nos mostra a historia, non é un condicionante: graffitis, murais, teatro, folletos, cancións, manifestacións nas rúas, son expresións da riqueza comunicacional. Poñer en marcha a imaxinación é a maior revolución.
Fernando reafirmouse nese convencemento tras ler cOmunicanDonoS, a guía arredor de novos formatos e ferramentas para comunicar no 2030. Ë unha iniciativa da asociación Emisoras Municipais Galegas en colaboración coas radios locais andaluzas, catalás e a rede de emisoras comunitarias, dentro do proxecto Onda ODS.
Fotografía Xan Xe: Presentación de cOmunicanDonoS en Moeche
Publica o teu comentario agora