Preocupados polo cambio climático

Preocupados polo cambio climático
31 de Outubro, 2022 - 12:10 h. | Publicada por Radio Fene

O 85% da xente nova considera que o cambio climático afecta a súa vida diaria. Así, a maioría das mozas e mozos toman medidas para reducir o seu impacto ambiental, segundo a enquisa realizada polo proxecto europeo People & Planet da que hoxe falamos en Onda ODS.

ESCOITA O PODCAST:

Tres de cada catro mozas e mozos europeos consideran que o cambio climático afecta a súa vida diaria e a súa saúde, segundo se desprende da sondaxe realizada no marco da iniciativa People & Planet. A porcentaxe elévase ata o 85% en España, onde a grande maioría das persoas enquisadas eran galegas, ao ser o Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade o único socio do proxecto en todo o Estado. En Onda ODS, coñecemos os resultados desta investigación e de máis iniciativas relacionadas coa mellora do planeta da man de Carmen Novas, técnica do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade.

Sociedade

Publica o teu comentario agora