Preocupados polos incendios

Preocupados polos incendios
08 de Agosto, 2022 - 12:10 h. | Publicada por Radio Allariz

A familia formada por María Xosé e Miguel emprenderon en Meire en Allariz o proxecto Mimá. Dende o val de Arnoia producen diferentes alimentos na súa clara aposta polo rural galego aínda que amosan a súa tristeza pola enorme vaga de incendios que se están a producir este verán en Galicia.

“Son innumerables as perdas que se dan. De fauna de biodiversidade, de recursos para os gandeiros e da xente que vive do territorio. A perda é moi grande e os medios non sempre van na boa dirección para poñer remedio a isto en temas como a prevención, meter máis xente e de verdade facer unha aposta para que as aldeas volvan a cobrar vida.  Parece que non se está tomando en serio como se tiña que tomar”, afirma María Xosé Castro, agricultora ecolóxica e creadora de Mimá. Para esta bióloga e produtora, é fundamental o coidado da xente que vive no rural e lamenta a posible existencia de intereses económicos que van en contra das aldeas. “Non ter ao persoal da loita contra os incendios de maneira precaria, ter un rural vivo, con xente e apoiando á xente que está traballando nas aldeas. Se hai máis xente traballando no rural estas cousas non pasarían tan doadamente. Teño a sospeita de que hai intereses económicos de usurpación de terras para facer negocio e que loitan con eses outros intereses de manter a vida”.

 

 

Na imaxe, Maria Xosé e Miguel (Produtores ecolóxicos de Mimá) cos seus fillos e Susana Falcón (Radiofusion) 

 

Sociedade

Publica o teu comentario agora