ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
Os amantes da gastronomía e do bailongo contan esta fin de semana con numerosísimas alternativas por toda Galicia. Dende Ortegal ao Miño, non hai comarca na que non haxa unha paparota comunal ou unha verbena-pachanga. Pero en Melide optan por unha alternativa singular e insólita. Sábado e domingo ábrese a Feira do Libro no Camiño. 11 escritores presentarán libros e lerán poesias e 11 librarías expoñerán e venderá
A II Feira do Libro no Camiño que esta fin de semana se celebra en Melide será moito máis ca o escenario para a exposición de once casetas de librarías procedentes de toda Galicia. Ademais, a Feira é tamén o marco elixido para que os autores Francisco Narla, José Antonio Castro Cebrián e Xosé Vázquez Pintor presenten as súas novidades editoriais.
Será o sábado, 1 de agosto e primeira xornada da feira, cando o escritor lucense Francisco Narla presente o seu último traballo, Los lobos del centeno, un percorrido polos mitos, lendas e a tradición oral galega que inspirou esta obra, e que realizará xunto ao escritor gaditano José Antonio Castro Cebrián, autor de La última confesión, sobre a Santa Compaña, e especialista no mito galego do lobishome.
A escritora Carmen Blanco achegará ás 13h do sábado a súa particular visión sobre o papel desenvolto pola figura de Rosalía nas letras galegas e universais, cunha conferencia titulada “Rosalía escritora integral, polifónica, universal”.
Ademais deles, que ofrecerán a visión persoal e orixinal dos seus traballos, tamén a escritora Inma López Silva estará o domingo no Cantón de San Roque de Melide (12h) para asinar libros da súa autoría, entre os que está “Neve en abril”, ambientada nun pobo imaxinario que a autora chamou Lideme, xogando co nome do pobo de Melide. Inma López, con ascendencia en Melide e Santiso, foi premio Rúa Nova con esa novela e posteriormente, incrementando a valía da súa traxectoria, acadou o Premio Xerais.
Xunto con Inma López Silva, o domingo será tamén o día do encontro de Santiago Jaureguízar cos seus lectores. Jaureguízar, premio Terra de Melide 2008 de creación literaria co título O globo de Shakespeare, ofrecerá unha conferencia ás 13h na Feira do Libro, baixo o título “Todo o que sempre quixo saber sobre a literatura e que ninguén lle contou”.
Na sesión da tarde do domingo será a quenda dos escritores melidenses. Ás 19 horas, o autor Carlos Parrado, escritor e investigador, presentará o seu libro Curuxás, o guerrilleiro que non cazou Franco, un traballo sobre a vida e traxectoria política e social de Curuxás no territorio de Melide e comarca en tempos da persecución franquista. Unha hora despois, ás 20h, tamén no Cantón de San Roque, o escritor Xosé Vázquez Pintor presentará a súa obra A terra do medio, un traballo no que o autor melidense rende homenaxe ás terras nas que se criou e lle son propias: Melide, Toques, Santiso, Lalín, Rodeiro e Agolada. A presentación en exclusiva deste libro realizarase en Melide, onde ademais o escritor dá nome á biblioteca municipal.
O Concello de Melide sorteará os dous días (21.15h) lotes de libros entre os asistentes á Feira do Libro. Ademais, o domingo, 21.30 horas a Feira pecharase cun recital de poesía e música co poeta Juan Carballo, titulado A casa do poeta.
Nas sesións de tarde, o Concello de Melide propón unha completa programación para o público infantil, con teatro, obradoiros, pregóns infantís, etc