Prepárase o Fenesound con catro ambientes

Prepárase o Fenesound con catro ambientes
01 de Outubro, 2025 - 12:10 h. | Publicada por Radio Fene

Catro colectivos catro estilos de música catro ambientes. Fene sound, o sábado once de outubro desde as cinco da tarde ata as tres da madrugada no Círculo Mercantil e Industrial Unidade de Fene. Entrada de balde. Cociña aberta de oito a doce e pola mañá a partir das 10,30 para almorzos. “O comezo da festa será máis tranquilo e logo máis animado” afirma  Samara Pérez, da cantina do Circulo de Fene.  Se o tempo o permite, o evento será no exterior do local.

ESCOITA O PODCAST:

Conversa con Samara Pérez arredor do Fenesound:

https://redefusion-eu.us.stackstaging.com/audio/290925PEREZ.mp3

Samara Pérez en Radio Fene

Haberá obradoiros de manualidades e malabares para a rapazada. Serviranse petiscos de balde as oito da tarde. Participarán Tranceola con trance, Dojo Sound con roots, Matx con electropical e jungle, e Pirata Sound Sensistema, con dub e stepper. Catro sesións e djs en directo, sábado 11, desde as cinco da tarde ata as tres da madrugada.
 

Cultura

Publica o teu comentario agora