ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
O Terceiro Perla mural fest celebrarase entre o 28 de xullo e o 3 de agosto. Na primeira edición, o festival logrou o recoñecemento mundial co mural A violonchelista de Fene, obra de Sfhir, premiado como mellor mural do mundo en 2024. Este ano, Fene volve aspirar ao galardón, segundo puxo de manifesto a concelleira de turismo Angeles Coira no marco de Fitur en Madrid.

O Concello de Fene está a participar activamente na feira Internacional de Turismo (FITUR), que se celebra esta semana en Madrid, para promover o seu turismo cultural e destacar o seu papel no ámbito do arte urbano a nivel mundial. Representado pola tenente de alcalde, Sandra Permuy, e a concelleira de promoción económica e turismo, Ángeles Coira, o concello presentou a súa oferta cultural e participou na presentación da Mancomunidade de Concellos da Comarca de Ferrol, na que se puxo en valor a relevancia do Street Art a través de iniciativas como o Perla Mural Fest.
Na súa primeira edición, o Festival logrou o recoñecemento mundial co mural “A violonchelista de Fene”, obra de Sfhir, que foi premiado como o Mellor Mural do Mundo en 2024. Este ano, Fene volve aspirar ao galardón con “O charanguista andino”, creado polo artista Cristóbal Persona. O Concello anima á cidadanía a apoiar esta candidatura votando a través da plataforma Street Art Cities antes do 31 de xaneiro.
Anuncios de eventos clave para 2025
Durante a feira, as representantes municipais adiantaron as datas dos eventos culturais máis destacados de Fene, que consolidan o seu atractivo turístico.
Así, na primavera celebrarase a Xuntanza de Palilleiras (26 de abril) e o X Encontro de Lavandeiras de Sillobre (3 de maio), para dar paso a un verán de festivais. O III Perla Mural Fest celebrarase entre o 28 de xullo e o 3 de agosto; o Felicia Pop o 1 e 2 de agosto e, finalmente, o Fenerock entre o 5 e o 7 de setembro.
"Estes eventos son unha mostra da riqueza cultural e creativa de Fene, que se converte en referencia tanto para o turismo local como internacional", sinalou Ángeles Coira, quen subliñou o impacto positivo do arte urbano e das actividades culturais na dinamización económica do municipio.
Compromiso cun turismo de calidade
Sandra Permuy destacou que a participación en FITUR "permite aprender das novas ferramentas do sector e establecer contactos con empresas innovadoras para mellorar a experiencia dos visitantes en Fene. Apostamos por un turismo de calidade e sostíbel, que valore tanto a nosa tradición cultural como o potencial contemporáneo".
Pola súa banda, Ángeles Coira engadiu que "Fene non só é unha parada no Camiño Inglés, senón tamén un destino cultural e artístico único. Queremos que a nosa oferta sexa recoñecida pola súa autenticidade, e FITUR é unha plataforma perfecta para mostrar o noso potencial".
Con esta participación, o Concello de Fene reafirma o seu compromiso coa promoción turística e cultural, converténdose nun actor destacado na escena galega e internacional.
Publica o teu comentario agora