Preparación do Celga para adultos

Preparación do Celga para adultos

07 de Febreiro, 2011 - 12:00 h. | Publicada por Radio Ordes

O Concello de Ordes solicitará para o municipio a realización dos cursos de lingua galega destinados a adultos, preparatorios para as probas dos niveis Celga 1, Celga 2, Celga 3 e Celga 4 que convoca a Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta.

O concello ordense solicitará a realización daqueles cursos que conten cun número mínimo de 20 persoas inscritas, polo que anima aos seus veciños a que realicen a súa preinscrición. Todas as persoas que estean interesadas na realización destes cursos preparatorios para as probas de obtención dos certificados de lingua galega deberán anotarse nas oficinas municipais do Concello presentando unha fotocopia do DNI. 

O prazo de inscrición rematará o 22 de febreiro.

Sociedade