Preparamos nova coreografía

Preparamos nova coreografía
05 de Xaneiro, 2022 - 10:33 h. | Publicada por Radio Fene

"Pasámolo moi ben, tíñamos posibilidades pero foi moi dificil porque había moito nivel, tivemos que pasar a semifinal, pasamos e gañamos" afirman Alba Romero, Claudia Paredes e Maria Prieto, integrantes do grupo Revolution UPA que ven de alzarse co Campionato de España de danza coreográfica na categoría Junior Nacional celebrado en La Nucia (Alicante) os pasados 5 e 6 de decembro.  

ESCOITA O PODCAST:
Alba Romero, Claudia Paredes e María Prieto

O grupo de 11 rapazas están moi unidas e iso se traduce na danza, no espectáculo: "As que son máis tranquilas tranquilizan ás nerviosas" apuntan. A coreografía preparouna a súa monitora Sandra García na academia UPA (Un Paso Adelante) ubicada na estrada da Gándara,88 en Narón, pero o atuendo, o vestiario tamén é fundamental. Preparan xa unha nova coreografía para este ano 2022 que manteñen de momento en secreto.

Sociedade

Publica o teu comentario agora