Preparando o Nadal

Servizos Sociais
09 de Novembro, 2024 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

O Concello de Fene axuda as familias que o precisan para que os seus nenos e nenas non queden sen agasallos no Nadal. Desde a Concellería de Benestar e Igualdade conceden subvencións para a compra deses agasallos, como informou en Radio Fene a coordinadora desta área municipal, Pilar Couce.

ESCOITA O PODCAST:

“Queremos que nenos e nenas poidan elixir os regalos que desexan recibir no Nadal”. Con ese espírito convócase esta liña de axudas ás familias, declarou Pilar Couce. As subvencións municipais para a compra de xoguetes, libros ou outros agasallos poden chegar ata 100 euros. O prazo de solicitude abrirase o martes, día 12 de novembro, e pechará o día 2 de decembro. Teñen dereito a elas menores de 16 anos ou maiores desa idade con dis-capacidade. Tamén hai un tope económico, que este ano sube a 15.876 euros como renda per capita anual, cun tope de 39.690 euros por unidade familiar.

Institucional

Publica o teu comentario agora