Preparando ricas tapas

Preparando ricas tapas
21 de Marzo, 2025 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

O Certame de Tapas de Fene chega á súa decimo quinta edición. Desenvolverase nas dúas fins de semana que van do 4 ao 13 de abril coa participación de oito establecementos. Avanzou os nomes a concelleira de Promoción Económica, Ángeles Coira.



 

ESCOITA O PODCAST:

Arrecendo, a cantina O Pote, o CMI Unidade de Fene, a cafetería Bombay, Lembranza, o Torreón, o Son de Cociña e Pachamamá compiten na elaboración do mellores petiscos nesta nova edición do Concurso de Tapas de Fene. A clientela poderá saborear os petiscos que presentan no seguinte horario: venres de 20 a 22 horas, sábados de 13 a 15 horas e de 20 a 22 horas, domingo de 13 a 15 horas. O prezo para degustar estas saborosas tapas está fixado en 2,5 euros.“A resposta sempre é boa”, destacou a concelleira. Haberá premios variados tanto para as mellores tapas como para os clientes que as caten. 

Institucional

Publica o teu comentario agora