Preparando un Entroido sostible e ecolóxico

Preparando un Entroido sostible e ecolóxico
14 de Xaneiro, 2025 - 12:10 h. | Publicada por Radio Fene

Carautas de Entroido elaboradas con fibras silvestres. Ecolóxicas, económicas e sostibles. Son Radiofusión organizou un obradoiro de recuperación do Entroido tradicional na Asociación Veciñal de Limodre. A monitora Luisa da Silva impartiu a formación na xornada do pasado domingo. Ela mistura cordas, láminas de castiñeiro, pallas de centeo e diferentes materiais. Sementa o centeo e o recolle. Tamén a agulla de piñeiro. 

O Entroido é unha festa que se celebra en toda Europa ata Turquía, segundo o investigador Rafael Quintía. En Galicia é un festexo moi arraigado e cunha diversidade e unha riqueza única.  Encarnase en múltiples tradicións e todas elas fascinantes. É unha festa que entronca con fenómenos culturais similares en toda Europa. Malia o que se pensa, sabemos moi pouco dos xeitos de celebrar o Carnaval na nosa terra. Os xogos, a comida, a música, os traxes e os sons, eran integrantes fundamentais dun  festexo que forma parte dun ciclo festivo máis grande, que comeza co inicio do inverno. O historiador Filipe Senén falou de toda a socioloxía que hai detrás da máscara. Un mundo simbólico, literario e artístico que é unha fonte de inspiración. A gastronomía do doce e do salgado constitúe outro ingrediente fundamental da festa do Entroido. 

Sociedade

Publica o teu comentario agora