ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
As Festas das Peras de Pontedeume iniciaronse esta mañá co tradicional concurso de froitas que foi a orixe destes festexos a comezos do século XIX. As Peras continuan esta tarde coa cronoescalada a Breamo as seis da tarde desde a Alameda de Raxoi. As seis e media recital poético Ramiro Fonte na Casa da Cultura. As nove da noite actuará o grupo As Pias e as dez e media verbena coa orquestra Olympus. Mañá xoves sesión de fogos artificiais no peirao cun combate naval. A orquestra Cinema encargarase da verbena.

Tamén se celebran festas en Neda. A orquestra Trebol anima as piezas do mediodia e tamén se encargará da verbena nocturna. Mañá xoves degustación de liscos e chourizos na feira de Albarón. Eric Hidalgo encargaráse de amenizar musicalmente a xornada.
Imaxe do concurso de froitas das festas de Pontedeume. 2025.
Fotografía Xan Xe
Publica o teu comentario agora