ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Nos servizos sociais do Concello de Fene xa comezaron recibir consultas referidas ao procedemento extraordinario para regularización de persoas inmigrantes. Falou do tema en Radio Fene a asesora xurídica dos servizos sociais de Fene, Susana Martínez Galdós.

Desde o Concello de Fene aconsellan ir xuntando a documentación necesaria no procedemento extraordinario para regularización de persoas inmigrantes que viven en España e no teñen papeis, anunciada polo Goberno, entrará en vigor no mes de abril, segundo está previsto. A avogada Susana Martínez Galdós que asesora ás persoas usuarias dos servizos sociais do Concello de Fene recomenda aproveitar este prazo de tempo para reunir a documentación necesaria, especialmente o certificado de penais do país de orixe da persoa inmigrante. Lembra que nalgúns países como Cuba ou Venezuela ese trámite pode demorarse moito tempo, por iso convén facer xa a xestión. Ademais desa certificación para optar á regularización é necesario acreditar residencia en España con anterioridade ao 31 de decembro do ano pasado e continuada durante cinco meses.
Prevese que o prazo para solicitar a regularización da estancia en España será do 1 de abril ao 30 de xuño.
Publica o teu comentario agora