Preparar o Entroido

Preparar o Entroido
21 de Febreiro, 2025 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Aprender a facer máscaras. Teo Castro vai dar dous obradoiros nas próximas semanas para tapar ben a cara no Entroido. O artista pasou por Radio Fene darnos información sobre esta actividade.

ESCOITA O PODCAST:



Obradoiros de máscaras para nenos e nenas e tamén para adultos. Teo Castro impartirá o día 2 de marzo un obradoiro para público infantil na Asociación Veciñal de Limodre e unha semana despois, o día 9 na Tenencia, na asociación de Redes, neste caso para todas as idades. Serán en horario de tarde. O custe é de 10 euros para persoas socias, 12 para non socias. No prezo van incluídos todos os materiais para confeccionar as máscaras. En Limodre será para nenos e nenas de 8 a 12 anos. Para eles Teo levará preparado un patrón, feito a base de papel de periódico e cartón ao que nenos e nenas acabarán de dar forma.

Sociedade

Publica o teu comentario agora