Preparar o terreo

Preparar o terreo
01 de Xullo, 2021 - 01:02 h. | Publicada por Radio Fene

A directiva do Barallobre traballa nestes dias na preparación do terreo de fútbol do Ramo. Quedara sen facer traballos de mantemento desde marzo do ano pasado. A pandemia e o xabarín fixeron das súas no campo de xogo. Pero agora, xa foi o tractor cortar a herba, segundo explicou o presidente do Barallobre Victor Dominguez. 

ESCOITA O PODCAST:
A xunta directiva quere recoller a herba antes de que chova

Victor Dominguez preside a directiva da que tamén forman parte Óscar Pereiro, Enrique Porta e Borja Barro, entre outros xoves da parroquia. Presentarán equipo na categoría de veteranos e na Segunda Autonómica, con Óscar Varela como adestrador. Pensan darlle unha limpeza e unha pintura aos vestiarios e á cantina. Xa actualizaron o listado de persoas asociadas e a xente interesada pode apoiar á Sociedade Deportiva Barallobre falando con calquera da xunta directiva ou dirixíndose a calquera establecemento de hostalería da parroquia.

Deportes

Publica o teu comentario agora