Prepararse para correr

Prepararse para correr
14 de Abril, 2025 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

As carreiras populares son seguras. Sae ao paso o psicólogo e adestrador físico José Barcia Tuccelli das voces que cuestionan a súa seguridade logo da morte dun corredor que sufriu un paro cardíaco repentino no Medio Maratón de Madrid. “Participa, é bo, pero prepárate”, recomenda o colaborador de Radio Fene.

ESCOITA O PODCAST:

“Preparémonos e a experiencia será mellor”. Adestramento, coidado co calzado e a hidratación son consellos básicos que dá Barcia Tuccelli ás persoas que participan en carreiras como as medias maratóns esixentes a nivel físico e mental. Eventos críticos coma os sucedidos en Madrid non son provocados pola proba senón que se trata de patoloxías previas que as persoas normalmente non saben que teñen. Iso si, Barcia Tuccelli lembra que este tipo de carreiras son esixentes e “hai demasiadas persoas que lle perderon o respecto a probas coma esta”. Por iso lembra que para participar hai que ter unha preparación mínima previa. 

Sociedade

Publica o teu comentario agora