ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Fene aplaude aos seus deportistas. O prazo de presentación de candidaturas para a VI Gala do Deporte do Concello de Fene permanece aberto ata o día 11 de novembro, segundo informou a concelleira de Deportes, Alba García.

Recoñecer o esforzo e a dedicación e animar á veciñanza a facer deporte son algúns dos obxectivos que persegue a Gala do Deporte de Fene. Desde a Concellería de Deportes organizan para o sábado día 28 de novembro a VI Gala do Deporte que se vai celebrar a partir das seis da tarde no pavillón da Xunqueira de San Valentín, con entrada libre. Os nomes dos premiados daranse a coñecer antes da Gala. Entregaranse premios a clubes, persoas que compitan en deportes individuais e tamén se concederán mencións especiais.
Publica o teu comentario agora