ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
A adicción á maquillaxe é unha das patoloxias da exposición “Arte e trastornos mentais” impulsada polo laboratorio de creación artística Laudas Calamity. Este sábado preséntase o catálogo da mostra, nun acto no que tamén se falará dos proxectos de futuro de Laura Bouza. Alumnos e alumnas expoñerán as súas impresións tras ter realizado a intervención artística. Como remate do acto, o grupo Los Junkos ofrecerá un concerto.
As fotografías de Xanxe recollen no catálogo obras de pintura, debuxo, escultura e video-arte realizadas por 142 artistas. Tamén híbridos entre distintas disciplinas como o fotodebuxo e un texto do profesor universitario Alberto Ruiz de Samaniego. Laudas Calamity e Son Radiodifusión queren sensibilizar á cidadanía sobre os trastornos mentais, un tema dificil e doloroso sobre o que ainda existen moitos medos, tabús e estigmas.
O acto comezará ás sete e media da tarde do sábado 16 de setembro de 2023 no Circulo Mercantil e Industrial Unidade de Fene. As persoas que se fagan colaboradoras de Son Radiofusión www.teaming.net/radiofusion antes das 23,59 do venres 15 recibirán de balde no acto un exemplar do catálogo.
Fotografía Xan Xe. Exposición na Casa da Cultura de Fene. Xullo 2023.
Publica o teu comentario agora