Preséntase o libro póstumo de Pitusa Arias

Preséntase o libro póstumo de Pitusa Arias
19 de Maio, 2022 - 11:14 h. | Publicada por Radio Fene

O libro póstumo de Pitusa Arias preséntase este sábado en Fene. Trátase da novela gráfica “María Casares. Eu son do océano”, un volume que conta coas ilustracións de Carlos Sardiña. É unha obra divulgativa da vida de quen foi número un de teatro en Francia e Europa durante boa parte do século vinte. Paula Carballeira conducirá o acto de  presentación este sábado ás sete e media da tarde no Círculo Mercantil e Industrial Unidade de Fene.  Pitusa Arias, escritora e xornalista de Radio Fene faleceu o pasado 8 de abril. 

Pitusa Arias, escritora e xornalista de Radio Fene

María Casares
Neste exercicio cúmprense os cen anos do nacemento de María Casares. No acto do Círculo de Fene tamén se presentará o podcast do mesmo nome con guión de Puri Seixido e música orixinal de Sofía Oriana Infante. Foron os intérpretes Vicky Sas, Eugenia Sanmartín, Helga Mëndez, Cristina Mariño, Rogelio Arias e Cristina Moreira. Como técnico de son Xabier Fernández e na dirección Eugenia Sanmartín. Unha produción de Son Radiofusión que contou coa colaboración da Deputación da Coruña. María Casares, nacida na Coruña en 1922, exiliada en Francia ao rematar a guerra, ao ser filla do republicano Santiago Casares Quiroga. Nunca esqueceu as súas orixes galegas. María Casares foi unha primeira figura no mundo do teatro en Francia e no mundo.

 

https://www.radiofusion.gal/actualidade/novas/pitusa-arias-ao-servizo-da...

Cultura

Publica o teu comentario agora