Presentación do Cultural Maniños

Presentación do Cultural Maniños

31 de Xullo, 2011 - 12:00 h. | Publicada por

O Cultural Maniños, S. D. estrea o mes de agosto coa presentación do equipo e o inicio da pretemporada. Ás 20:30 h, saltará ao campo de O Pote o plantel do Maniños 2011-2012. Por cuarto ano consecutivo, Ángel Mahía, dirixirá ao conxunto que mantén o mesmo bloque do ano pasado. Incorpóranse Nebot do Meirás, Quique do Aspirantes e Alberto Paz. Pola contra, Marquitos abandona o Maniños e marcha para o &Aac

Tras a presentación, o Maniños arrincará a pretemporada co primeiro adestramento. A directiva segue apostando polo técnico Ángel Mahía, declarou en Radio Fene un dos seus membros, Alfredo Fernández. A próxima fin de semana, 6 e 7 de agosto, disputarán o Torneo San Salvador co gallo das festas patronais da parroquia. O calendario de pretemporada do Maniños inclúe enfrontamentos todas as fins de semana de agosto. Xogarán contra O Capela o 13 de agosto, o 20 terán enfronte ao Caranza nas festas do barrio ferrolá e o 28 de agosto disputarán un partido amistoso no campo de O Miño. Ademais xogarán algún encontro amigable por semana durante todo o mes. Para chegar en plena forma ao 4 de setembro, inicio da liga, adestrarán 3 días á semana.

Deportes