Presentación do Lab de Apoderamento LGBT+

Presentación do Lab de Apoderamento LGBT+
04 de Setembro, 2024 - 02:13 h. | Publicada por Radio Fene

Presentado en Fene un proxecto innovador para promover desde os centros educativos o respecto da diversidade sexual. Trátase dun proxecto financiado pola Deputación de A Coruña e impulsado pola cooperativa Rexenerando.



 

En centros de ensino de Fene, Narón, Valdoviño, San Sadurniño, Neda e Ferrol desenvolverase ata finais de ano o Laboratorio de Apoderamento LGBT+. 

Soledad Agra, deputada de Igualdade da Deputación da Coruña, subliñou a relevancia de apoiar proxectos que promovan a igualdade e diversidade en contornas educativas.

A concelleira de igualdade de Fene, Sandra Permuy, pola súa parte, destacou que “é fundamental que os nosos centros educativos sexan espazos seguros e respectuosos para toda a mocidade, sen importar a súa identidade de xénero ou orientación sexual”.

Institucional

Publica o teu comentario agora