Presentación literaria

Presentación literaria
18 de Novembro, 2021 - 09:54 h. | Publicada por Radio Fene

Ao día seguinte, aínda con restos máis que visíbeis da miña noite de esmorga solitaria, cheguei á comisaría ás dez da mañá e pedinlle a Márquez que me pasara de novo o informe do forense, un informe do que non esperaba grandes novidades por moito que o repasase, pois as causas da morte de Paloma Bieito Moreira parecían máis ca evidentes tan só con botarlle unha ollada á súa gorxa.

ESCOITA O PODCAST:
Fotografía Xan Xe

"Os incurábeis" de Antonio Tizón preséntase o xoves 25 de novembro ás sete da tarde na Biblioteca do Forum Metropolitano (Rúa Río de Monelos, 1 A Coruña). Acceso libre ata completar o aforo. Participarán Benito Arbaizar, Eugenia Sanmartín e Antonio Tizón. Organiza a Asociación Veciñal Oza Gaiteira Os Castros e Edicións Xerais. 

Fotografía: Xan Xe Corral

Cultura

Publica o teu comentario agora