ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
O Concello de Fene acometerá en duas fases a área recreativa de San Valentin, cun orzamento global de cento vintecinco mil euros. Non se trata unicamente dun parque canino, segundo aclarou no pleno da Corporación o alcalde Juventino Trigo. A veciñanza e a sociedade de San Valentin reclamaron xa en 2009 o acondicionamento dun espazo de lecer entre a praia da Xunqueira e a pista de chave. Alí xa houbo mesas de madeira e merendeiro. Preténdese recuperar como &aac
Xa entrou o proxecto polo rexistro do Concello, cunhas fases que se irán acometendo en función das subvencións. Unha das posibilidades que se baralla é o acondicionamento dentro desa zona dunha parcela vallada para esparcemento dos cans. A xestión desta iniciativa foi "esperpéntica", segundo afirmou no pleno o voceiro do Partido Popular Gumersindo Galego. O concelleiro popular criticou o que calificou como falla de información e censurou a ubicación escollida para o parque canino.
"Por un planeta cincuenta cincuenta en dous mil trinta". Ese é o lema do Dia da Muller Traballadora, segundo refrendou o Concello de Fene en pleno. Reforzar unha educación en valores é vital para lograr a igualdade e unha maior xustiza. A Corporación por unanimidade comprometeuse a loitar para erradicar a violencia de xenero.
Na casa do concello de Fene ondea a bandeira saharaui. O pleno sumouse á Declaración institucional con motivo do 40 aniversario da proclamación da RASD (República Árabe Saharaui Democrática).