Presente e pasado no Couto Mixto

Presente e pasado no Couto Mixto
02 de Novembro, 2023 - 12:10 h. | Publicada por Radio Allariz

O territorio do antigo Couto Mixto correspóndese hoxe cos lugares de Santiago, Rubiás e Meaus. Os dous primeiros pertencen ao Concello de Calvos de Randín; o terceiro ao Concello de Baltar. Habitantes deste territorio gozaban de privilexios que finalizaron co tratado de Lisboa de 1864.

Fotografía Mazarelos

O pasado sábado 28 de outubro celebrouse o acto de presentación do número 11 de Mazarelos: revista de historia e cultura nas Chaves do Couto (Meaus), no corazón do Couto Mixto. Neste evento participaron Serxio María Rodríguez Álvarez, politólogo e autor do artigo ‘Os pastos mistos. O derradeiro vestixio do Couto Misto’ publicado na revista; José Rodríguez Cruz, etnógrafo do Couto e da Raia Seca e Miguel Rodríguez Martínez, historiador e editor de Mazarelos. O politólogo e historiador comezou a presentación cunha contextualización histórica do Couto Mixto, dende as súas orixes ata as súas particularidades chegando ás reminiscencias actuais dos pastos mistos. Seguidamente José Rodríguez Cruz completou a proposta cunha serie de historias e lendas asociadas ao territorio, nas que participou o público asistente nutríndoas de achegas propias. Por último o editor de Mazarelos pechou o acto falando da revista e do papel da divulgación histórica na transmisión cultural en contextos locais do país. Algunhas das valoracións presentadas no debate posterior foron a interpretación dende o presente do pasado do Couto Mixto, a súa realidade na veciñanza galega e portuguesa asistente ao acto, e as perspectivas de futu

Sociedade

Publica o teu comentario agora